Aquí os dejo este enlace para que con el programa gratuito Adobe Digital Editions podáis descargaros el primer capítulo del libro
Nagasaki é a obra de madurez dun escritor galego, Antonio Guzmán, residente na illa de Tenerife, tal como o retrata o literato Óscar Neuman na súa novela Hiroshima. Adicto aos refrescos de té con limón e ás prostitutas, Antonio non soubo deixar de manterse fiel a si mesmo. Ama, cunha intensidade fóra do normal, a vida, a literatura e mais as mulleres que o inspiraron na súa fuxida cara a ningures.
Autor: Antonio Lorenzo Gómez Charlín
Naceu en Cambados en 1970. Foi corredor de fondo, disciplina deportiva en que chegou a campión de España de maratón por equipos e a subcampión de España de media maratón por equipos. Actualmente, reside en Playa Paraíso, unha vila turística no concello tinerfeño de Adeje.
Acadou o posto de finalista do premio Salman Rushdie. Pertence á Asociación Canaria de Escritores. Las bellezas de Kyoto, La vida soñada de las sirenas, El hombre que se enamoró de Sasha Grey, La leyenda de Fukaeri, Kalifornia ou Réquiem por un escritor desconocido son algunhas das súas obras publicadas ata o de agora. Nagasaki quixo ser a súa primeira novela publicada en galego.